O labneh é unha especie de queixo feito con iogur de vaca ou cabra, é típico da cociña de oriente medio. Sérvese acompañado de herbas aromáticas, froitos secos e aceite de oliva. Dependendo do tempo que se deixe escorregar o iogur, o queixo será máis ou menos cremoso.
Ingredientes:
450 g de iogur de leite de cabra, 450 g de iogur grego natural, media culleriña de salPara acompañar: aceite de oliva virxe extra, olivas, cebolas encurtidas, pistachos, piñóns, ourego.
Elaboración:
- Poñer os iogures nun recipiente engadir o sal e remexer.
- Poñer nun recipiente un pano fino e botar a mestura de iogures nel.
- Atar as catro puntas do pano e colgalo sobre un recipiente.
- Deixalo colgado escorregando durante 24 ou 36 horas.
- Abrir o pano e pasar o queixo a un recipiente.
- Engadir os ingredientes para acompañar picadiños e un pouco de aceite.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 10 minutos + 24 ou 36 horas que ten que estar escorregando.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión