"Espaguetis" de cabaciña con allo e picante

Outra receita de cabaciñas moi, moi fácil e rápida de cociñar. Seguro que tamén queda ben con pesto ou engadindo queixo relado. Cando hai demasiadas cabaciñas é unha receita estupenda para aproveitalas.

Ingredientes:

1 cabaciña por persoa (máis ben pequena, para que non teña moita semente), 2 dentes de allo, un pemento seco picante sen sementes ("cayena"), sal, aceite de oliva virxe extra.

Elaboración:

  1. Cortar a cabaciña, cunha mandolina, en tiras moi finas. Botarlle sal e reservar.
  2. Poñer ao lume suave, nunha tixola os dentes de allo pelados e cortados en láminas cun pouco de aceite.
  3. Engadir o pemento á tixola.
  4. Cando os allos empecen a saltar engadir os "espaguetis" de cabaciña. Remexer uns minutos e servir.



Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 20 minutos.

Comentarios