Carpaccio de vieiras

Se hai un molusco que me gusta é a vieira. Encántame preparada da forma tradicional, gratinada con moita cebola pochada, pero tamén me gusta de calquera outro xeito e cada vez gústame máis pouco cociñada. Nesta receita a vieira está crúa e co estupendo aroma que lle dan o cilantro e a lima.

Ingredientes:

8 vieiras limpas, 1 lima, sal maldon, 1 cebola pequena, cilantro fresco, pementa negra moída, chile picado, 2 culleres de aceite de oliva virxe extra variedade arbequina.


Elaboración:


  1. Cortar os medallóns de vieiras en láminas moi finas, repartilas nun prato.
  2. Botar un pouco de sal por enriba.
  3. Cortar a cebola en láminas moi finas e distribuíla por enriba das vieiras. Reservar
  4. Nun recipiente mesturar o zume de lima, o aceite, o cilantro picado e a pel relada da lima.
  5. Botar por enriba das vieiras.
  6. Espolvorear coa pementa negra e o chile picado moi fino.


Dificultade: Facilísimo
Tempo aproximado: 15 minutos.

Comentarios