Biscoito de améndoa e polenta

Encántame a  améndoa así que todas as preparacións que a leven gústanme moitísimo. Este biscoito é ben fácil e ademais, así doulle outro uso á polenta. Coma sempre o tempo de forno é orientativo. O biscoito non subo moito así que mellor non utilizar un molde máis grande con estas cantidades.




Ingredientes:

4 ovos, 300 g de iogur grego, 180 g de améndoa moída, 90 g de polenta, 100 g de manteiga a temperatura ambiente,120 g de azucre, a pel relada dunha lima, as sementes de media vaíña de vainilla, un chisco de sal, 2 culleriñas de lévedo químico, améndoas fileteadas.


Elaboración:


  1. Bater a menteiga co azucre ata ter unha pomada.
  2. Ir engadindo os ovos de un en un, esperando a que o ovo estea ben incorporado antes de engadir o seguinte.
  3. Engadir a pel relada e a vainilla, seguir batendo.
  4. Engadir o iogur e seguir batendo.
  5. Engadir o resto dos ingredientes sen deixar de bater.
  6. Pasar a mestura a un molde, de silicona, desmontable duns 24 cm.
  7. Adornar con améndoas fileteadas.
  8. Meter no forno a 170ºC durante uns 40 minutos.


Adaptada de "The baked apple"

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios