Xeado de mascarpone e cereixas

Outra receita de xeado ben fácil de elaborar, non leva ningún ingrediente especial. Como a receita inclúe un queixo resulta unha mestura moi graxa e o xeado queda moi cremoso. Atopar polo medio do xeado a marmelada de cereixas, cun puntiño acedo, fai que o xeado non resulte demasiado pesado.



Ingredientes:

250 ml de nata (35%), 250 ml de leite enteiro, 125 g de azucre, 250 g de queixo mascarpone, 250 g de cereixas limpas en sen pebida, 4 culleres de azucre, zume de medio limón, 1 culleriña de amidón de millo.


Elaboración:


  1. Cocer as cereixas co zume de limón e as 4 culleres de azucre.
  2. Despois duns 10 minutos engadir o amidón e remexer ata que espese.
  3. Reservar e gardar na neveira para que arrefríe.
  4. Poñer nun cazo o leite, a nata e os 125 g de azucre.
  5. Cando empece a ferver engadir o mascarpone e remexer ata que estea ben mesturado.
  6. Enfriar a mestura o máis rápido posible.
  7. Cando estea ben fría poñela na máquina* de xeados para mantecar.
  8. Gardar nun recipiente alternando o xeado de mascarpone e a marmelada de cereixas, que tamén debe estar moi fría.
  9. Gardar no conxelador. Sacalo do conxelador uns 10 minutos antes de servir.


*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.

Recollido do libro "Polos & Helados" de Sandra Mangas.

Dificultade: Media
Tempo aproximado: 30 minutos en elaborar máis o tempo de repouso.

Comentarios