Torta de cabaciña e tomate

Na miña horta danse moi ben as cabaciñas así que teño que darlles saída pensado calquera maneira de aproveitalas. Esta torta é unha maneira fácil de preparar unha cea ou un primeiro prato para o mediodía. Coma sempre que fago unha masa sen glute aviso que dá un pouco a lata, polo demais a receita é sinxela.


Ingredientes:

Para a masa: 100 g de fariña de améndoa, 100 g de fariña de arroz integral, 85 g de manteiga, un ovo.
Para o recheo: 100 g de queixo mozzarella relado, 8 ou 10 toros de cabaciña cortados moi finos, 6 tomates cherry, queixo parmesano relado, pementa negra moída, aceite de oliva virxe extra, 1 dente de allo pequeno.



Elaboración:

Masa:
  1. Poñer as fariñas no recipiente da batedora, cortar a manteiga fría en anacos e mesturar coas fariñas.
  2. Engadir o ovo e mesturar.
  3. Amasar un pouco.  
  4. Estirar a masa entre dous papeis de forno ata deixar unha capa fina.
Recheo:
  1. Botar o queixo mozzarella enriba da masa deixando unha marxe duns 2 cm.
  2. Cubrir o queixo cos toros de cabaciña e botar un pouco de pementa negra por enriba.
  3. Cortar os tomates en cuartos e distribuílos sobre a cabaciña.
  4. Relar o dente de allo sobre a torta. Botar un chisco de sal. 
  5. Dobrar a marxe da masa sobre o recheo.
  6. Meter no forno a 190ºC con lume por abaixo e por enriba durante uns 20 minutos.
  7. Servir quente

Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 45 minutos .

Comentarios