Torre de cabaciña, tomate e mozzarella con pesto

No verán moitas veces non apetece nada cociñar, esta é unha receita rápida e fácil, non hai que acender nin a cociña nin o forno, só necesitamos os ingredientes e un coitelo. A cabaciña sen cociñar dá o punto crocante ao prato.


Ingredientes:

1 cabaciña mediana, 1 tomate, 1 bóla de mozzarella, pesto, aceite de oliva virxe extra.


Elaboración:

  1. Cortar a cabaciña, o tomate e a mozzarella en toros o máis finos posible.
  2. Montar nesta orde: cabaciña, mozarella e tomate. Repetir.
  3. Botar o pesto por enriba da torre e engadir unhas pingas de aceite.




Dificultade: facilísima.
Tempo aproximado: 15 minutos.

Comentarios