Polos de lima

Había tempo que tiña ganas de facer un xeado de lima. O certo é que outras veces probei algunha receita con leite foi un fracaso porque o leite se cortou. Netes caso o leite é leite condensando e a receita funciona pefectamente. Gústame moito, ten a azucre xusto e un intenso sabor a lima.

Ingredientes:

325 g de leite condensado, 180 g de iogur grego, 100 ml de auga, 120 ml de zume de lima, a pel relada de tres limas.


Elaboración:

  1. Mesturar todos os ingredientes.
  2. Remexer ata ter unha crema homoxénea, non bater a mestura para que non colla aire.
  3. Distribuír a crema en moldes de polos*.
  4. Insertar o pauciño e metelos ao conxelador.
  5. Despois dunha hora sacar do conxelador e botarlles por enriba un pouco máis de pel relada de lima.
  6. Deixalos no conxelador polo menos 8 horas.


*Pódese utilizar como molde calquera recipiente que poda meterse no conxelador: vasiños de plástico, moldes de silicona, etc...

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 20 minutos máis o tempo de repuso no conxelador.

Comentarios