Paté de paspallás

Encántame as perdices e os paspallás, asi que cando vin esta receita en Loleta souben que tiña que facela. A receita orixinal é con perdices, como non puiden conseguilas decidín variar un pouco a receita e facela con paspallás. A única dificultade que ten é limpar as aves, como son tan pequenas, realmente, o que se aproveita son as peitugas. O paté pode conxelarse.





Ingredientes:

 8 paspallás, 1 cebola mediana, 2 dentes de allo, 1 folla de loureiro, 1 culler de pemento doce, 250 ml de brandy, un chisco de pementa negra, 1 chisco de noz moscada, 1 cravo, media lata pequena de tomate triturado, sal, 2 ovos, 250 ml de leite, aceite de oliva virxe extra.


Elaboración:


  1. Poñer nunha tarteira a cebola cortada e os dentes de allo cun pouco de aceite, quentar ao lume suave ata que estean pochados.
  2. Poñer os papapallás na tarteira e dourar por todos os lados. Retirar da tarteira e reservar.
  3. Engadir o brandy e queimar ata que non teña alcol.
  4. Engadir as especias, o sal e o tomate.
  5. Volver a meter os paspallás na tarteira e engadir un pouco de auga, o suficiente para que as aves queden cubertas.
  6. Deixar que cozan a lume lento ata que estean feitos, uns 20 ou 30 minutos.
  7. Deixar que arrefríen na salsa.
  8. Cando os papallás estean fríos  retiralos da salsa e limpar a carne de pel e osos.
  9. Poñer a carne nun procesador e engadir un pouco de salsa para obter unha pasta.
  10. Mesturar a pasta cos ovos batidos e o leite. Se queda moi espesa engadir un pouco de salsa.
  11. Untar con aceite un molde e cubrir as paredes con pan relado sen glute.
  12. Quentar o forno a 180ºC e poñer unha bandexa con auga.
  13. Poñer o molde na bandexa e deixar cociñar durante uns 30 minutos.
  14. Deixar arrefriar completamete o paté antes de sacar do molde.
  15. Consumir sobre pan cun pouco de aceite de oliva virxe extra.


Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora e media máis o tempo que tardan os paspallás en arrefriar.

Comentarios