sábado, 25 de xullo de 2015

Melópita: pastel de mel e requeixo

Esta pastel é de orixe grega, na receita orixinal utilízase o queixo myzithra, eu fíxena con requeixo. Queda un pastel de sabor moi suave. Non me gusta o mel pero neste pastel o sabor é moi sutil, logo cada un pode boterlle mel por enriba segundo os gustos.




Ingredientes:

500 g de requeixo, 3 ovos, 150 g de mel, 20 g de amidón de millo, a pel relada dun limón.


Elaboración:


  1. Mesturar todos os ingredientes na batedora.
  2. Untar de manteiga un molde duns 17 cm.
  3. Botar a mestura no molde.
  4. Acender o forno a 180ºC.
  5. Meter o molde no forno durante uns 40 minutos.
  6. Servir a tarta a temperatura ambiente engadindo por enriba canela en po e mel.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 50 minutos.