Tacos de langostinos con salsa de cilantro

Os tacos son unha maneira moi sinxela e sabrosa de comer case calquera cousa, so tes que acompañalos dalgunha salsa cun punto picante, ademais podes prescindir do pan. Se tes preparadas as tortillas,  ou as compras feitas, podes facer un prato en moi pouco tempo e aproveitar alimentos que sobraron doutras preparacións.





Ingredientes:

500 g de langostinos cocidos, 1 lima, 10 tomates cherry , media cebola vermella, 1 lima, 1 presa de cilantro, chile en escamas ao gusto, 4 culleres grandes de maionesa, 12 tortillas de millo.


Elaboración:

  1. Pelar e cortar os langostinos en dous ou tres anacos segundo o seu tamaño.
  2. Picar os tomates e a cebola en anacos pequenos.
  3. Mesturar os tomates, a cebola e os langostinos.
  4. Engadirlles o zume da liman, sal e aceite ao gusto, remexer e reservar.
  5. Mesturar nun procesador a maionesa, o cilantro e o chile ata que queden o chile e o cilantro moi picados.
  6. Para montar os tacos poñer unha culler grande de langostinos con tomate e cebola enriba da tortilla e engadir a salsa de cilantro ao gusto.


Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios