Melón con iogur e cecimbre

Para min o melón é unha das froitas máis ricas do verán, cando está no seu punto o seu sabor doce e a cantidade de auga que ten encántame. Neste caso apetecíame combinar o melón e o cecimbre e ao engadir iougur resultou unha sobremesa refescante, doce e moi sabrosa. É outra maneira de comer melón e pode ser perfecta para unha comida improvisada, xa que a receita non pode ser máis sinxela.


Ingredientes:

1 kg de melón, aproximadamente, 2 iogures tipo grego, unhas 8 follas de cecimbre fresco, azucre ao gusto, un chisco de canela en po.


Elaboración:


  1. Poñer os iogures, azucre, canela e cecimbre nun procesador de alimentos e bater ata que o cecimbre estea ben picado.
  2. Facer boliñas de melón, ou cortalo en tacos.
  3. Poñer o melón nunha fonte e botar por enriba o iogur batido.
  4. Gardar na neveira ata o momento de servir.


Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 20 minutos.

Comentarios