Gazpacho de cereixas

Empeza o verán así que empeza a tempada de gazpacho. É un prato que me gusta moito e fágoo con moita frecuencia por iso gústame introducir variacións e, desde logo, as froitas quedan xenial combinadas cos tomate. Aínda que odio o pepino bótolle un pouco, porque ese puntiño no gazpacho gústame. O que nunca lle poño é pan, como fastidia non poder tomalo fóra da casa porque sempre leva pan¡¡



Ingredientes:

1 kg de tomates moi maduros, 400 g de cereixas, a metade dun pepino pequeno, 1 cebola pequena, 2 dentes de allo, 100 ml aceite de oliva virxe extra, 30 ml de vinagre de mazá, sal.

Elaboración:

  1. Pelalos e trocear os tomates, para que sexa máis fácil pelar os tomates poden escaldarse*.
  2. Pelar e cortar o pepino e a cebola, mesturar cos tomates e engadir os dentes de allo pelados. Reservar.
  3. Lavar e cortar as cereixas.
  4. Poñer no vaso da batedora todos os ingredientes, incluídos o aceite, vinagre e sal. Triturar.
  5. Para que quede máis fino pasar por un coador e engadir un pouco de auga se queda moi espeso.
  6. Rectificar de vinagre e sal ao gusto.
  7. Gardar na neveira ata o momento de servir.

Dificultade: Facil.
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios