Cremas de chocolate negro

Se hai algúnha sobremesa fácil, creo que son as cremas, sexan coma nesta versión con chocolate ou as clásicas. A única dificultade que teñen é non deixalas ferver, xa que os ovos se cortarían. Nesta receita o leite aromatízase con vainilla pero eu as clásicas, sen chocolate, sempre as fago con canela.




Ingredientes:

500 ml de leite enteiro, 3 xemas de ovo, 15 g de amidón de millo, 80 g de azucre, 150 g de chocolate negro, 1 vaíña de vainilla


Elaboración:


  1. Poñer 400 ml de leite a quentar xunto coa vaíña de vainilla.
  2. Mesturar as xemas de ovo,o azucre e o amidón de millo.
  3. Engadir o leite restante á mestura anterior.
  4. Cando o leite estea quete, pero sen chegar a ferver, retirar a vaíña de vainilla e engadirlle a mestura das xemas e o chocolate picado.
  5. Remexer continuamente, sen que cheguen a ferver, ata que as cremas espesen.
  6. Retirar do lume e deixar que arrefríen, pasar a recipientes individuais. Gardar na neveira.
  7. Antes de servir decorar con froitos vermellos e cecimbre.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 35 minutos.

Comentarios