Chutney de amorodos

O chutney é como unha marmelada especiada e con vinagre orixinaria da India, é  perfecta para facer cando tes moitas froitas ou verduras dun tipo, dura moito na neveira e pode facerse conserva. Serve como acompañamento de moitos pratos, encántame para tomar con queixos , xamón ou pavo, tamén pode acompañar a unha peituga de polo á prancha. Como leva vinagre gustará aos que lles encanten os sabores agridoces. Esta receita é moi sinxela e as únicas especias que leva son xenxibre en po, pementa verde e negra.



Ingredientes:

150 g de azucre moreno, 400 g de amorodos lavados e cortados, 1 cebola mediana, 50 ml dun bo vinagre branco, unha culleriña de pementa rosa, media culleriña de xenxibre en po.



Elaboración:

  1. Limpar e cortar os amorodos. 
  2. Mesturar os amorodos e o azucre, deixar macerar.
  3. Picar a cebola e poñela nunha tarteira cun pouquiño de aceite, a lume suave.
  4. Cando a cebola estea transparente engadir o resto de ingredientes e remexer.
  5. Deixar cocer ao lume suave ata que teña textura de marmelada.




Suxestión: Para acompar queixos, carnes ou peixes.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios