Vieiras en salsa de limón con espárragos e xamón

Gústanme todos os moluscos pero o meu preferido é, sen dúbida, a vieira. Gústame de todas as maneiras, en empanada, ao forno, o sushi....
A receita de hoxe é moi sinxela e creo que moi sabrosa. Cando se cociñan vieiras é importante deixalas ao punto, non cociñalas en exceso, neste caso hai que douralas polas dúas caras sen que se fagan moito. Cando non están demasiado cociñadas o seu sabor e a súa textura é deliciosa.




Ingredientes (para dúas persoa):

Unha presa de espárragos verdes, 4 vieiras limpas, 1 limón, 150 ml de caldo vexetal, 4 talladas finas de xamón, aceite de oliva virxe extra, pementa negra moída, sal.


Elaboración:


  1. Quitarlle aos espárragos un anaco duns 5 cm da parte máis dura.
  2. Poñer auga a ferver cun pouco de sal.
  3. Escaldar os espárragos durante 1 minuto e logo pasar a auga fría con xeo e reservar.
  4. Poñer nunha tixola as talladas de xamón e quentalas ata que estean ben crocantes, reservar.
  5. Botarlle sal e pementa ás vieiras.
  6. Na mesma tixola, na que se fixo o xamón, engadir un pouquiño de aceite e poñer as vieiras a lume forte ata que collan cor polas dúas caras.
  7. Reservar as vieiras fóra do lume.
  8. Engadir á tixola o zume de limón, a pel relada do limón e o caldo vexetal, quentar ata que reduza á metada máis ou menos.
  9. Mentres quentar os espárragos ao vapor.
  10. Poñer as vieiras na tixola coa salsa uns segundo para  quentalas.
  11. Servir en cada prato a metade dos espárragos e dúas vieiras coa salsa de limón. Colocar enriba dúas talladas de xamón.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos.

Comentarios