Semifrío de froitos vermellos

Un semifrío é practicamente como un xeado, a principal diferenza é que un xeado bátese mentres se conxela, e o semifrío conxelase sen bater. Este semifrío prepárase con iogur e merengue italiano que é, un merengue no que se engade, ás claras de ovo, un xarope preparado a 115ºC e non azucre como no merengue máis común. A receita no leva demasiado azucre e, ademais, os frutos vermellos dan un punto de acidez.



Ingredientes:

200 g de iogur natural, 200 g de nata(35%), 30ml de auga, 1 clara de ovo, 125 g de azucre, 300 g de froitos vermellos variados.


Elaboración:


  1. Primeiro hai que facer un merengue italiano seguindo as ndicacións dos puntos 2,3 e 4.
  2. Poñer a auga e 75 g de azucre nun cazo a quentar para facer un xarope. 
  3. Cando o xarope acade os 100ºC empezar a bater a clara de ovo.
  4. Cando o xarope acade os 115ºC ir engadíndoo a clara de ovo pouco a pouco. Seguir batendo ata que o merengue estea frío. Reservar.
  5. Poñer nun cazo os froitos vermellos, reservar algún para adornar. 
  6. Engadir o resto do azucre e quentar ao lume suave.
  7. Cando os froito estean cocidos retiralos do lume pasar pola batedora. Coar o puré para eliminar as sementes. Arrefriar e reservar.
  8. Bater a nata ata que estea semimontada e despois mesturala co iogur.
  9. Engadir á mestura anterior a metade do puré de froitos vermellos, mesturar suavemente.
  10. Engadir a mestura anterior ao merengue con movemento suaves ata que estean ben mesturados.
  11. Pasar a mestura a moldes individuais ou a un molde grande.
  12. Meter no congelador ata que conxelen.
  13. Para servir sacar o semifrío con antelación, uns 10 minutos, para que colla temperatura.
  14. Acompañar do puré de froitos vermellos, dalgún dos froitos reservados e unhas folliñas de menta.




Dificultade: Media
Tempo aproximado: 50 minutos

Comentarios