Polo en salsa de laranxa

Esta receita é moi, moi fácil e é outra maneira de comer polo. O intenso sabor a laranxa fai que sexa moi agradable e, como leva pouca graxa, é un prato lixeiro. A receita cocíñase en apenas 25 minutos así que resulta perfecta para facer no último momento.





Ingredientes:

2 peitugas de polo, 2 dentes de allo relados, 250 ml de zume de laranxa, 2 culleres de mel, 1 culler de salsa de soia, 1 culler de vinagre de arroz ( ou de mazá), 1 culler rasa de amidón de millo (Maizena), 1/2 culleriña de xenxibre en po, 1/2 culleriña de pementa branca moída, un chisco de chile, a pel relada dunha laranxa, cebollino ao gusto, sésamo negro ao gusto, aceite de oliva virxe extra.


Elaboración:

  1. Cortar as peitugas en dados de, aproximadamente, 2 cm de lado. Salpimentar o polo.
  2. Poñer nunha tixola un pouco de aceite a quentar e saltear o polo ata que colla algo de cor.
  3. Mentres mesturar o resto de ingredientes agás o cebollino e o sésamo.
  4. Cando o polo estea un pouco torrado, e case feito, engadir a mestura anterior e remexer.
  5. Deixar que ferva ata que a salsa empece a espesar.
  6. Retirar do lume, botar por enriba o cebollino picado e o sésamo, servir inmediatamente. 
  7. Acompañar o polo con arroz branco, quinoa, ou pasta sen glute.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 25 minutos.

Comentarios