Pastel de verduras de primavera

Nesta receita necesítase facer unha masa para a base do pastel, coma sempre, facela sen glute complica a súa elaboración. Se non é necesario prescindir do glute a receita pode ser moi fácil e rápida utilizando algunha das masas conxeladas que existen no mercado.
A masa sen gluten e difícil de estirar, eu forro o molde poñendo anacos da masa e estirándoos coas mans húmidas ata ter unha capa, máis ou menos fina, cubrindo todo o molde.



Ingredientes:

Para a masa: 180 g de fariña de arroz glutinoso, 160 g de améndoa moída, 90 g de queixo parmesano relado, 1 culleriña de sal, 6 culleriñas de liño dourado moído, 12 culleriñas de auga fervendo, 6 culleres de auga fría, 3 ovos.

Para o recheo: 1 allo porro, 3 cenorias, 1 presa de xudías verdes, 1 taza de chícharos frescos, 150 g de espinacas frescas, 3 ovos, 200 ml de nata, sal, pementa negra moída,50 g de xamón picado, aceite de oliva virxe extra.


Elaboración:

Para a masa
  1. Mesturar as 6 culleriñas de liño coas 12 culleriñas de auga fervendo, remexer e reservar ata que arrefríe.
  2. Mesturar a fariña, a améndoa, o queixo parmesano,o sal e a pasta de liño e auga.
  3. Poñer na batedora de variñas e mesturar os ingredientes anteriores.
  4. Engadir os ovos e seguir batendo .
  5. Engadir a auga fría aos poucos ata que a masa se separe das paredes do recipiente.
  6. Forrar un molde desmontables coa masa, facendo unha capa fina.
  7. Cubrir a masa cun papel de forno e poñer enriba peso, para que a masa ao cocer non suba.
  8. Meter o molde durante 15 minutos no forno a 200ºC con calor por abaixo e co ventilador acendido.
Para o recheo
  1. Picar o allo porro, as cenorias e as xudías.
  2. Poñer un pouco de aceite nunha tixola a lume suave.
  3. Engadir todas as verduras e deixar que se fagan despacio.
  4. Bater os ovos, engadir a nata, botar un pouco de sal e de pementa negra. Reservar.
  5. Cando as verduras estean case feitas, engadilas aos ovos coa nata, remexer.
  6. Botar a mestura anterior na tartaleta feita coa masa.
  7. Engadir por enriba o xamón picado.
  8. Meter no forno durante uns 15 minutos a 150ºC co ventilador acendido.


Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora

    Comentarios