Flan de millo

Esta receita é unha desas que,  aínda que o resultado non é o esperado, está boísima. O que tiña que ser un pastel acabou sendo un flan e seguro que volverei a repetilo porque creo que é orixinal e moi rico.





Ingredientes:

4 ovos, 400 g de millo en lata, 40 g de amidón de millo, 1 lata de leite condensado de 370 g, 1 litro de leite, 90 g de manteiga.


Elaboración:


  1. Acender o forno a 180ºC
  2. Escorregar moi ben a millo para que teña a menor cantidade posible de auga.
  3. Mesturar todos os ingredientes na batedora de vaso.
  4. Deixar que parte do millo quede sen triturar.
  5. Botar a mestura nun molde de silicona duns 24 cm de diámetro.
  6. Meter no forno uns 40 minutos.
  7. Sacar do forno, deixar arrefriar completamente antes de servir.


Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 45 minutos.


Comentarios