Crema de chícharos con garavanzos especiados

Eu penso que os chícharos son desas verduras que frescas son moito máis ricas que as conxeladas ou en conserva. Non os tomo moito ata que non aparecen nas froitarías, así que cando chega a primavera hai que aproveitar para comer chícharos de todas as maneiras posibles.  Esta receita é moi sinxela e pode prepararse con antelación. 





Ingredientes:

2 allos porros medianos, 500 g de chícharos frescos (poden usarse conxelados), 2 dentes de allo, 1 l de caldo de verduras, 2 culleres grandes de miso, 150 g de garavanzos posto a remollo o día anterior, pementa negra moída, pemento doce, sal, aceite de oliva virxe extra, xerminados de rabanitos



Elaboración:

  1. Acender o forno a 200ºC.
  2. Escorregar os garavanzos, botarlles un pouco de aceite, pementa negra moída e pemento doce ao gusto. Remexer para que queden ben cubertos das especias.
  3. Poñer nunha bandexa de forno cuberta con papel.
  4. Meter no forno durante 35 ou 40 minutos. Mover de vez en cando a bandexa para que se torren uniformemente. Sacar do forno e reservar.
  5. Lavar e cortar en toros finos os allos porros. Poñelos nunha tarteira, a lume suave, cun pouco de aceite. Engadir os dentes de allo pelados.
  6. Cando os allos porros empecen a estar transparentes engadir os chícharos e remexer. Engadir o caldo e o miso, deixar cocer uns 20 minutos.
  7. Pasar as verduras pola batedora ata obter un crema. Engadir máis o menos líquido en función do espesa que se quera a crema.
  8. Servir botando por enriba uns garavanzos especiados, un pouco de aceite de oliva e xerminados de rabanitos.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora

Comentarios