Sorbete de mango

Ingredientes:

2 mangos ben maduros*, 1 laranxa




* Se os mangos non están moi maduros engadir azucre ao gusto.



Elaboración:

  1. Pelar e cortar os mangos, trituralos na batedora.
  2. Engadir o zume de laranxa e mesturar ben.
  3. Poñer a mestura na máquina de xeados durante uns 30 minutos.
  4. Gardar no conxelador, sacar uns 15 minutos antes de servir.



Tempo aproximado: 50 minutos.
Dificultade: Facilísima