Patê de fruit de amorodos

Ingredientes:

500 g de amorodos, 50 g de azucre, 25 g de pectina+ 25 g de azucre, 300 g de azucre + 100 g de glicosa + 7 g de ácido cítrico.


Elaboración:


  1. Triturar os amorodos e coar o puré, teñen que quedar 500 gr, se non haberá que axustar a cantidade dos outros ingredientes.
  2. Mesturar o puré de amorodos coado cos 50 gr de azucre e poñer a ferver.
  3. Mesturar a pectina cos 25 gr de azucre, engadir o puré en forma de chuvia para que non se formen grumos e remover ben coas varas.
  4. Deixar que volva ferver, engadir os 300 gr de azucre mesturado coa glicosa e o ácido cítrico, en tres veces para que non baixe moito a temperatura.
  5. Deixar cocer ao lume suave ata que alcance os 107º.
  6. Verter a mestura nos moldes e deixar arrefriar.
  7. Sacar do molde e rebozar con azucre.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora máis o repouso ata que arrefríe.

Comentarios