Pastel de arroz de Bilbao

A este pastel chamabámolo na miña casa o pastel de arroz que non leva arroz. É un pastel típico de Bilbao, téñeno en todas as pastelarías normalmente como pasteliños individuais, son tartaletas  de masa follada recheas . Agora que a miña dieta é sen glute substitúo a fariña de trigo, da maioría das receitas, por fariña de arroz, e o sabor segue sendo o mesmo. Din que o pastel o trouxeron os mariñeiros bilbaínos das Filipinas, onde si utilizaban fariña de arroz, pero en Bilbao foi substituída por fariña de trigo.



Ingredientes (para un molde de 23 cm):

6 ovos, 250 g de fariña de arroz, 200 g de azucre, 1 l de leite, 150 g de manteiga a temperatura ambiente.

Elaboración:

  1. Acender o forno a 200ºC.
  2. Bater a manteiga co azucre ata ter unha crema.
  3. Engadir un a un os ovos batendo ben cada un antes de engadir o outro.
  4. Unha vez engadidos os ovos ir engadindo a fariña, pouco a pouco, sen deixar de bater.
  5. Engadir o leite de pouco en pouco batendo a mestura. Neste punto a mestura pode ter aspecto de "cortada", é porque debido á diferenza de temperatura a manteiga queda como en grumos.
  6. Pasar a mestura a unha tarteira e quentar moi suave ata que a manteiga volva estar ben mesturada.
  7. Pasar a mestura a un molde desmontable, engrasado e enfariñado ou a un de silicona.
  8. Meter no forno a 200ºC durante uns 15 minutos, baixar a 160ºC e deixalo outros 35 ou 40 minutos.
  9. Deixar arrefriar antes de sacar do molde.

Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 1 hora

Comentarios

  1. Cómo me gusta venir a verte...siempre me voy con los ojos llenos de color y el deseo de hacer todo lo que publicas. Por cierto, hoy me he tomado la licencia de hacer una de tus recetas (con alguna modificación), pero no se me ha olvidado nombrar que tu eres mi gran maestra. Desde mucho antes de atreverme a dejarte comentarios. Un enorme abrazo. Este dulce ya lo he probado y visto, pero como tu lo presentas...Jamás!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Sonsoles, no sabes lo que me gustan tus visitas y tus comentarios y que encima te apetezca hacer las recetas que publico ya es el total. Visité tu receta de caballa y me encanta espero que la disfrutes. Un abrazo

      Eliminar
  2. es un litro de leche, no esta mal traducido...es pregunta....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Guadalupe, si efectivamente es un litro de leche. Gracias por tú visita.

      Eliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión