mércores, 22 de abril de 2015

Latkes

Ingredientes:

300 g de pataca pelada e relada, 150 g de chirivía pelada e relada, 30 g de cebollino picado, 2 claras de ovo, 2 culleres de amidón de millo (maizena), pementa negra, sal, aceite para fritir.





Elaboración: 

  1. Poñer as patacas reladas nun recipiente con auga para que perdan amidón. Poñelas sobre un pano de cociña limpo para que sequen completamente.
  2. Mesturar as patacas e as chirivías, engadirlles moita pementa e sal ao gusto.
  3. Engadir as claras de ovo e a maizena, remexer ben a mestura.
  4. Engadir o cebollino picado e volver a remexer.
  5. Poñer un pouco de aceite nunha prancha e quentar ao lume forte.
  6. Coller, coas mans, dúas culleres da mestura e  apretala ben facendo os latkes como unha hamburguesa moi fina.
  7. Poñelo na prancha e aplastalo un pouco, deixar que se fagan ata que estean torrados polos dous lados.
  8. Reservar sobre papel de cociña ata que se fagan todos. 
  9. Servilos quentes como aperitivo ou para acompañar unha carne.



Receita recollida en "Jerusalén crisol de las cocinas del mundo" de Ottolenghi y Tamimi.

Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 45 minutos.