Galletas de limón

Ingredientes:

330 g de fariña sen glute (Adpan),  200 g de manteiga a temperatura ambiente, 2 xemas de ovo, 120 g de azucre glasé, 1 limón, media culleriña de sal.


Elaboración:

  1. Relar a pel do limón e espremer o zume. Reservar.
  2. Mesturar a manteiga e a fariña.
  3. Engadir o azucre e o sal, remexer ben.
  4. Engadir o zume de limón e a pel relada. Remexer ata que a masa estea lisa.
  5. Queda unha masa moi branda, o mellor é metela na neveira e cando estea un pouco dura sacala e darlle forma de rulo (ou de prisma), e metela no conxelador e deixala ata o día seguinte.
  6. Sacar a masa do conxelador, cortar en anacos duns 5 ou 6 mm de grosor.
  7. Poñer os anacos na bandexa do forno, sobre papel. 
  8. Meter no forno a 180ºC durante 10 minutos aproximadamente.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: de elaboración uns 30 minutos, máis o tempo de conxelación.

Comentarios

  1. Que chulas!!! y que fotos tan bonitas!!

    ResponderEliminar
  2. Deli iosa en casa cuando hago son una pasada es un vicio. Besos!!

    ResponderEliminar
  3. Pero q buena pinta!! y yo sin conocer tu página!! por aquí me quedo. Si te apetece, puedes pasarte por mi página. muaaks

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión