Escabeche de xarda con cítricos

Ingredientes:

100 ml de aceite virxe extra, 2 xardas grandes, a pel de media laranxa, a pel de medio limón, o zume de medio limón, o zume de media laranxa, 2 dentes de allo, 1/2 cebola morada, 1 culleriña de pementa negra, 1 folla de loureiro, 2 poliñas de tomiño, sal.


Elaboración:


  1. Pedimos na peixería que nos fagan filetes das xardas.
  2. Poñemos nunha tarteira, ao lume suave, o aceite, os allos aplastados e a cebola cortada en aros finos. Cando a cebola e os allos estean dourados incorporamos a folla de loureiro, o tomiño, a pel e o zume de laranxa e de limón.
  3. Deixamos que ferva uns 5 minutos.
  4. Engadimos os filetes de xarda poñendo a pel cara abaixo e cociñamos ao lume suave uns 5 minutos.
  5. Retiramos do lume, deixamos arrefriar e gardamos na neveira para consumir ao día seguinte.
  6. Podemos servir as xardas acompañadas de ensalada e co escabeche.








Dificultade: Fácil.

Tempo aproximado: 40 minutos.

Comentarios