Arroz de verduras con azafrán e améndoas

O arroz basmati proceda da India é de gran estreito e alongado e unha vez lavado cócese en pouco tempo. Esta é unha receita moi sinxela de arroz e verduras, a única precaución que hai que ter é non cocer demasiado tempo o arroz.
Este arroz pode servirse como prato principal ou como acompañamento doutros pratos de peixe ou polo.




Ingredientes:

400 g de arroz basmati, 3 chalotas, 1 dente de allo, 1 cenoria mediana, 100 g chícharos frescos, de  10 g de xenxibre fresco, 70 g de améndoas picadas, azafrán, 300 ml de caldo de verdura, 1 culleriña de garam masala, sal, aceite virxe extra.

Elaboración: 

  1. Tostar as améndoas ata que estean lixeiramente douradas.Reservar.
  2. Pelar o xenxibre e relalo. Reservar.
  3. Pelar e picar as chalotas e o dentes de allo, poñelos nunha tixola cun pouco de aceite a lume lento.
  4. Cando as chalotas empecen a estar transparentes engadir o azafrán, os chícharos e a cenoria picada en anacos pequenos. 
  5. Deixar que as verduras se cociñen suavemente.
  6. Lavar o arroz basmati con auga fría ata que a auga saia clara. Escorregar o arroz e cocelo en abundante auga con sal durante uns 8 minutos, controlar que neste punto o arroz non se coza completamente. 
  7. Coar o arroz e reservar.
  8. Cando as verduras estean case feitas engadir o caldo e o garam masala e esperar a que ferva.
  9. A continuación engadir o arroz e o xenxibre relado, remexer ata que o arroz colla cor.
  10. Servir o arroz botándolle por enriba as améndoas picadas.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos 

Comentarios

  1. Siempre es un placer leer y llevar a la práctica tus recetas. Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Por favor cuéntame siempre que hagas alguna de las recetas que propongo, me encanta recibir tus comentarios¡ Un abrazo

      Eliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión