Ingredientes:
5 laranxas medianas, 200 ml de auga, 100 g de azucre, 1 anís estrelado, 1 pau de canela, 5 vaíñas de cardamomo, 1 culleriña de pementa de Sichuan, 2 iogures naturais, 200 ml de nata (35%).Elaboración:
- Espremer unha laranxa e reservar o zume.
- Poñer nun cazo todas as especias, a auga e o azucre. Deixar ferver ata que o xarope empeze a coller cor.
- Retirar do lume e engadir pouco a pouco o zume de laranxa, remexer, coar e reservar.
- Mesturar os iogures e a nata, engadir azucre ao gusto*
- Poñer a mestura nun sifón** de 1/2 litro e usar dúas cápsulas de gas. Reservar na neveira.
- Pelar as laranxas "ao vivo", quitándolles toda a pel branca.
- Cortar as laranxas en toros de 0,5 cm de grosor, aproximadamente.
- Poñer os anacos de laranxa nunha fonte, botarlles o xarope e reservar na neveira.
- No momento de servir poñer a escuma de iogur por enriba das laranxas.
** Se non se dispón de sifón pode facerse mesturando o iogur con clara de ovo montada ao punto de neve.
Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 30 minutos
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión