Fabas ao curry

Ingredientes:

500 g de fabas brancas (postas a remollo o día anterior), 1 cebola mediana, 4 cenorias , 2 patacas medianas, 2 culleriñas de curry, 1 sobre de azafrán, sal, salsa tabasco ao gusto, aceite de oliva virxe extra.





Elaboración:

  1. Picar a cebola en anacos pequenos.
  2. Pelar e cortar en anacos pequenos as cenorias.
  3. Pelar e cortar en anacos as patacas.
  4. Poñer unha tarteira, ao lume suave, cun pouco de aceite e a cebola picada.
  5. Cando a cebola estea transparente botar na tarteira as fabas, remexer e engadir auga ata que estea dous dedos por enriba da fabas. Deixar que fervan a lume suave, remexendo de vez en cando, durante 1 hora*.
  6. A metade da cocción engadir as cenorias, as patacas, o curry, seguir remexendo.
  7. Cando queden uns 10 minutos de cocción engadir o azafrán, o sal e o tabasco ao gusto. Remexer de vez en cando.

* Este tempo pode variar dependendo do tipo de fabas.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.

Comentarios

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión