xoves, 5 de marzo de 2015

Ensalada picante de remolacha e allos porros


Ingredientes:

500 g de remolacha cocida, 3 allos porros medianos, 1 bolsa de brotes de ensalada, 100 g de noces en anacos, 50 ml de vinagre de mazá, 150 ml de aceite de oliva virxe variedade arbequina, 3 dentes de allos, 1/4 de culleriña de chile en escamas, sal en escamas.





Elaboración:

  1. Cortar os allos porros en anacos de 5 cm.
  2. Poñer os allos porros nun recipiente para usar no microondas, tapalo e metelo durante uns 10 minutos, á máxima potencia, no microondas. Comprobar que os porros estean ben cocidos, se non poñelos un pouco máis. Reservar ata que estean fríos.
  3. Cortar as remolachas en anacos dun cm de lado, aproximadamente. Reservar.
  4. Preparar a vinagreta mesturando: o vinagre, o aceite, as noces, os allos picados e o chile en escamas.
  5. Engadir os brotes de ensalada aos allos porros e botarlles sal ao gusto e a metade da vinagreta, remexer e reservar.
  6. Engadir sal e a outra metade da vinagreta ás remolachas.
  7. Poñer no prato para servir a ensalada con allos porros e botarlle os anacos de remolacha.


Adaptada do libro "Jerusalén crisol de las cocina del mundo"

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.