Empanadiñas de vexetais

Ingredientes:

Para o recheo: 2 cenorias, 1 allo porro pequeno, dúas presas de espinacas, 4 cogomelos, 1 dente de allo, aceite de oliva virxe extra, sal, pementa negra moída.

Para a masa: 150 g de fariña de arroz, 40 de amidón de millo (Maizena), 40 g de fécula de mandioca agre, 1 culleriña de lévedo  químico, 1 culleriña de goma xantana, 1 ovo, 1 culler de aceite de oliva virxe extra, 100 ml de auga, 1/2 culleriña de sal.





Elaboración:

Masa
  1. Mesturar todos os ingredientes sólidos.
  2. Engadir o ovo e o aceite e mesturar cos ingredientes sólidos.
  3. Ir engadindo a auga aos poucos mesturando ben ata ter unha masa que se despegue das paredes do recipiente e que quede elástica.
  4. Dependendo do tipo de fariña de arroz pode necesitarse máis ou menos auga.
  5. Deixar repousar a masa uns 30 minutos.
  6. Estirar a masa cun rolo, poñendo na superficie un pouco de amidón de millo para que non se pegue.
  7. Cortar a masa en círculos de uns 10 cm de diámetro.

Recheo
  1. Picar todos os ingredientes.
  2. Poñer nunha tixola un pouco de aceite, engadir o allo porro e o dente de allo picados.
  3. Cando o allo porro estea transparente engadir as cenorias e os cogomelos, tamén picados.
  4. Cando as cenorias e os champiñóns estean feitos engadir as espinacas, remexer e esperar a que estean feitas.
  5. Botar sal e pementa ao gusto.
  6. Reservar as verduras ata que arrefríen.


Montaxe
  1. Cando o recheo esta frío repartilo sobre os círculos de masa.
  2. Pechar as empanadiñas.
  3. Poden pintarse con ovo e facerse ao forno ou ben fritirse en abundante aceite*.

* Poden conxelarse para usar noutro momento.

Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.

Comentarios

  1. Porque no siempre van a ser de carnes o pescados. Claro que si, que forma mas rica de comer verduras.
    Bss

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión