Ceviche de calamar

Ingredientes:

4 calamares medianos ( 2 por persoa), 1 limón, 1/2 cebola morada pequena, un chisco de pementa de chile, cilantro, un anaco pequeno de ananás, aceite de oliva virxe extra arbequina, amidón de millo (maizena).





Elaboración:

  1. Limpar os calamares, quitarlles a pel e cortar en tiras de 3 ou 4 mm de grosor.
  2. Poñer auga a ferver e escaldar as tiras de calamar.
  3. Arrefriar as tiras de calamar con auga, coar e reservar.
  4. Cortar a cebola en anacos moi pequenos.
  5. Mesturar a cebola cos calamares.
  6. Engadir o zume do limón, remexer.
  7. Engadir a pementa de chile ao gusto.
  8. Picar fino o cilantro e engadir ao gusto.
  9. Botar un pouco de aceite e os anacos de ananás picados finos.
  10. Fritir en abundante aceite as cabezas dos calamares pasadas por maizena.


Recollida de Mario Sandoval

Elaboración: Fácil
Tempo aproximado: 30 minutos