Ananás asada

Ingredientes:

1 ananás, canela en po, 1 pau de canela, 1 culler de mel para cada anaco de ananás.



Elaboración:

  1. Cortar a ananás ao longo en 8 anacos.
  2. Poñer os anacos de ananás nunha fonte de forno.
  3. Botarlles por enriba a canela en po e o mel.
  4. Poñer os paus de canela na fonte.
  5. Meter no forno 40 minutos.
  6. Mollar os anacos de ananás de vez en cando cos líquidos que se soltan.
  7. Subir o forno a 200ºC e deixar outros 15 minutos.
  8. Retirar do forno, servir quente ou a temperatura ambiente*.

*Pode acompañarse dunha bóla de xeado.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora.