Tofu caramelizado con allo negro

Ingredientes:

350 g de tofu firme sen glute, 5 dentes de allo negro, 30 ml de salsa de soia sen glute, 30 ml de auga, 20 ml de vinagre balsámico sen glute, 1 culler de azucre, pementa negra moída ao gusto, cebollino picado ao gusto, 2 culleres de aceite de oliva virxe extra.




Elaboración:

  1. Secar ben o bloque de tofu, incluso apretalo para que perda a maior cantidade de auga posible.
  2. Cortar o tofu en cubos de 2 cm de lado.
  3. Triturar na batedora os allos coa salsa de soia, a auga, o azucre e o vinagre balsámico. Reservar.
  4. Poñer nunha tixola o aceite a quentar, cando estea ben quente engadir os anacos de tofu, botarlles pementa ao gusto.
  5. Remexer o tofu de vez en cando ata que os anacos collan cor por todos os lados e estean ben crocantes, 10 minutos aproximadamente con lume alto.
  6. Reservar os anacos de tofu fóra do lume.
  7. Engadir á tixola a mestura de líquidos, allo e azucre. Deixar que empece a ferver.
  8. Engadir os anacos de tofu e remexer forte para que todos queden ben cubertos pola salsa sen deixar de estar crocantes.
  9. Pasar o tofu ao plato onde vai servirse e botarlle por enriba o cebollino picado ao gusto. Servir inmediatamente.



Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 30 minutos