Mazás asadas con azucre muscovado e augardente tostado

Ingredientes:

Mazás, manteiga, augardente tostada, azucre muscovado, medio pau de canela por mazá.





Elaboración:

  1. Acender o forno a 200ºC.
  2. Lavar as mazás e quitarlles o corazón.
  3. Poñelas nunha fonte de forno e engadir un anaco de manteiga a cada mazá.
  4. Poñer un pouco do azucre e o pau de canela en cada unha das maźas.
  5. Regalas coa augardente tostada.
  6. Metelas no forno uns 20 minutos.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos