Ingredientes:
2 ovos, 100 g de fariña de repostaría sen glute (nesta receita utilizouse a marca Adpan), 125 g de leite, 120 g de auga, 1 culler de augardente tostada ou de calquera outro licor, media culleriña de azucre, un pouquiño de manteiga para untar a filloeira.Elaboración:
- Bater o ovo, engadir a fariña e remexer ben, engadir o leite, a auga, o licor e o azucre, remexer ben. Se queda algún grumo coar a mestura.
- Poñer ao lume a filloeira, untar cun pouquiño de manteiga.
- Cando a filloeira estea ben quente botar un pouquiño da mestura inclinándoa para que a filloa quede fina.
- Cando os bordos da filloa empezan a coller cor, dar volta deixar uns segundos e pasar a filloa a un prato.
- Repetir ata terminar a mestura.
- Servir recén feitas con azucre por enriba ou acompañadas dunha marmelada, dun xarope, crema ou chocolate.
Dificultade: Fácil:
Tempo aproximado: 30minutos.
Miña nai, que ben che quedaron, na miña casa fagos a miudo pero nunca lle puxen licor e non e porque no no axa, dese que dis ti hay e bastante, tomo nota e pa proxima fareinas asi como dis ti..Non conocia o blog pero xa me quedo de seguidora,vou seguir por aqui ,vexo coousas que me gustan e muito...Bicos
ResponderEliminarMoitas grazas Esther, pola túa visita e o teu comentario. Eu sempre lles poño un pouco de licor, e quedan xenial. Volve cando queiras. Bicos
Eliminar