Ingredientes:
800 g de allo porro limpos, 250 g de carne picada tenreira*, 90 g de pan relado sen glute, 2 ovos, 300 ml de caldo de polo, 2 limóns, 80 g de iogur grego, perexil, sal e pementa negra moída, aceite de oliva virxe extra.Saen unhas 20.
* Esta é unha receita xudía, loxicamente a receita orixinal só leva carne de tenreira, eu dispoñía de carne picada mesturada de tenreira e porco e fixen as albóndegas con ela. Quedaron moi boas.
Elaboración:
- Cortar os allos porros en touros e cocer ao vapor** ata que estean moi brandos.
- Deixar arrefriar, botar nun pano limpo e retorcer o pano para quitarlles a auga.
- Triturar os allos porro, pero sen facer puré.
- Mesturalos co pan relado, a carne picada, os ovos batidos, 1 culleriña de sal e 1 culleriña de pementa negra moída.
- Coa masa preparada facer boliñas, duns 25 g, e deixalas repousar uns 30 minutos na neveira.
- Poñer aceite a quentar nunha tixola e cando estea ben quente ir fritindo as albóndegas ata que estean douradas.
- Retirar o aceite e na mesma tixola colocar as albóndegas, engadir o caldo de polo o zume dos limóns e un pouquiño de sal, se o caldo de polo non ten.
- Deixar que fervan coa tixola tapada durante uns 30 minutos despois destapar e deixar ao lume ata reducir case todo o líquido.
- Mesturar o iogur e o perexil.
- Servir as albóndegas quentes ou a temperatura ambiente acompañadas do iogur e perexil.
**Eu cocin os allos porro no microndas nun recipiente axeitado e tapado; fun cociñando á máxima potencia de 5 en 5 minutos ata que quedaron moi brandos. Deberían estar feitos en 15 minutos.
Receita adaptada sen glute do libro "Jerusalén crisol de las cocinas del mundo"
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 45 minutos.
Que buenas! Las voy a probar
ResponderEliminarEspero que te gusten, a mi me encantaron.
EliminarMuy muy ricas y con una salsa de acompañamiento estupenda, me gustan!!!
ResponderEliminarSaludos y que tengas un feliz fin de semana!!!
Muchas gracias Jose Manuel¡ Un saludo¡
Eliminar
ResponderEliminarI like meatballs with any garnish are excellent and are not difficult to prepare.