Abadexo mariñado con amorodos e laranxa

Ingredientes:

Unha cola de abadexo de 1 kg, aproximadamente, aberta e sen espiña, 5 amorodos maduros, 1 mandarina, 2 laranxas sanguiñas, 300 g de sal groso, 150 g de azucre moreno , xenxibre fresco.





Elaboración:

  1. Mesturar o sal e o azucre.
  2. Poñer unha fonte a cola de abadexo coa pel para abaixo.
  3. Relar a pel da mandarina e refregar con ela o peixe.
  4. Relar o xenxibre e refregalo polo peixe.
  5. Botar un pouco da mestura de sal e azucre por enriba do peixe.
  6. Estrullar as fresas e refregalas polo peixe.
  7. Pelar as laranxas "ao vivo" e refregalas polo peixe.
  8. Cubrir o peixe coa mestura de azucre e sal.
  9. Envolver a fonte co peixe con film de cociña, poñer enriba peso e gardar na neveira como mínimo 12 horas e mellor 24 horas.
  10. Limpar o peixe cun pano húmido ata que quede sen sal.
  11. Se non se vai tomar enseguida gardar a cola en aceite, na neveira.
  12. Cando se queira tomar, cortar o peixe en láminas finas e servir sobre un tosta de pan, engadir aceite e pel relada de cítricos.


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 20 minutos máis o tempo de repouso na neveira.