Torta de améndoa

Ingredientes:

200 g de fariña de améndoa, 50 g de améndoa en cubiños, 250 g de azucre, 5 ovos, media culleriña de canela en po, medio chupito de augardente tostada (ou outro licor), a pel relada de medio limón.






Elaboración:

  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Bater os ovos co azucre ata que branqueen.
  3. Engadir a pel relada de limón, a canela e o chupito, remexer.
  4. Engadir os dous tipos de améndoas e remexer.
  5. Pasar a mestura ao un molde desmontable, mellor de silicona, e meter no forno.
  6. Deixar no forno 25 minutos, abrir e se xa está moi torrada por enriba, tapala con papel de aluminio. Deixala no forno outros 10 minutos.
  7. Sacar do forno e deixar arrefriar.
  8. Opcional: Botar azucre glas por enriba.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 10 minutos de elaboración, 35 minutos no forno.