Ensalada de parrulo confeitado

Ingredientes:

2 coxas (muslos) de parrulo confeitado en conserva, 2 allo porro grande, 1 bolsa de ensalada variada con escarola, 8 tomates secos en aceite, 2 culleres  de mostaza á  antiga, 12 culleres de aceite de oliva virxe extra, sal.




Elaboración:

  1. Picar os tomates secos e mesturalos coa mostaza e o aceite.
  2. Aliñar a ensalada coa preparación anterior. Reservar un pouco do aliño para logo botar por enriba.
  3. Limpar os allos porros. Cortalos en anacos duns 6 com de longo e logo cortar cada anaco lonxitudinalmente en catro partes.
  4. Abrir a lata de coxas de parrulo e pasar toda a graxa a unha tarteira.
  5. Poñer a quentar a graxa ao lume moi suave e engadir os allos porros, deixar que se confeiten moi despacio.
  6. Cando os allos porros estean feitos retiralos da tarteira e reservalos sobre un papel de cociña para que perdan graxa.
  7. Meter as coxas de parrulo na tarteira e daixar que collan temperatura.
  8. Sacar as coxas retirar a pel e os osos, cortar a carne en anacos. Reservar.
  9. Poñer no prato un montonciño de allo porro, enriba un pouco de ensalada aliñada.
  10. Engadir  anacos de carne de parrulo por enriba da ensalada e botar un pouco do aliño sobre a carne.




Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.