Empanada de cogomelos e xamón

Ingredientes: 

Masa: 400 g de fariña de arroz, 200 g de fariña de teff, 50 g de amidón de agre de yuca, 2 ovo, 10 g de lévedo seco, 1,5 culleriñas de sal, 250 ml de auga morna (menos de 35ºC)

Recheo: 400 g de cogomelos variados, 1 cebola mediana, 50 g de tacos de xamón, 1 dente de allo, aceite virxe extra, sal, pementa negra moída, azafrán.


Elaboración:

Masa:
  1. Acender o forno a 50ºC
  2. Poñer o lévedo seco na auga morna (menos de 35ºC) cun pouquiño de azucre, deixar repousar ata que faga escuma.
  3. Poñer no bol da batedora as fariñas, o ovo e o sal, comezar a amasar.
  4. Engadir o lévedo disolto na auga. Seguir amasando ata que a masa se despegue das paredes do recipiente.
  5. Meter no forno uns 10 minutos ata que a masa comece a levedar.
  6. Sacar a masa do forno e volvela a amasar. Reservar.
Recheo:
  1. Picar a cebola e poñela nunha tixola con aceite ao lume suave. Deixar que se faga sen que colla cor.
  2. Picar moi fino o dente de allo e engadilo á tixola.
  3. Lavar e picar os cogomelos. Cando a cebola xa estea transparente engadir os cogomelos á tixola e os tacos de xamón. Remexer e deixar que se fagan lentamente.
  4. Cando os cogomelos estean feitos , uns 20 minutos, probar para rectificar de sal e engadir a pementa e o azafrán. Remexer e seguir cociñando uns 5 minutos máis.
  5. Retirar do lume e reservar para que o recheo non estea demasiado quente á hora de montar a empanada.

Montaxe:
  1. Acender o forno a 200ºC.
  2. Dividir a masa en dous anacos, un un pouco máis grande que o outro.
  3. Estirar os dous anacos de masa entre papeis do forno. A tapa de abaixo deixala un pouco máis grosa que a de enriba.
  4. Cubrir a tapa de abaixo co recheo, tapar coa tapa de enriba e pechar os bordos.
  5. Pintar a superficie coa xema de un ovo e un pouco de leite.
  6. Meter no forno durante 20 minutos.

Dificultade: Alta
Tempo aproximado: 2 horas

Comentarios

  1. Hola Raquel: como siempre, felicitarte por tu maravillosa receta y hoy además pedirte un favor dónde se consigue el almidón de yuca? o almidón de agre de yuca no es lo mismo? es lo que se llama polvilho ácedo? Gracias. un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Sonsoles, si el que uso en esta receta es el almidón de yuca agrio, antes lo compraba en un locutorio donde vendían productos africanos. Ahora lo compro en Portugal, yo vivo muy cerca, en cualquier supermercado tienen productos brasileños. Creo que también lo tienen en supermercados asiáticos. Espero que puedas encontrarlo , supongo que es más o menos fácil dependiendo de donde vivas. Gracias por tú visita. Un abrazo.

      Eliminar
    2. Este comentario foi eliminado polo autor.

      Eliminar
    3. Acabo de darme cuenta que vives un Coruña, tienes una tienda y pastelería de productos sin gluten que se llama Celicatessen (https://celicatessenbakerycoffee.wordpress.com/) y venden el almidón de yuca.

      Eliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión