Ingredientes:
Para as filloas: 1 ovo, 50 g de fariña sen glute (Adpan), 75 g de leite, 60 g de auga, media culleriña de azucre, un pouquiño de manteiga para untar a filloeira.Recheo: Salmón afumado, queixo para untar, alcaparras salgadas, pementa negra moida.
Elaboración:
- Para as filloas:
- Bater o ovo, engadir a fariña e remexer ben, engadir o leite, a auga e o azucre, remexer ben. Se queda algún grumo coar a mestura.
- Poñer ao lume a filloeira, untar cun pouquiño de manteiga.
- Cando a filloeira estea ben quente botar un pouquiño da mestura inclinándoa para que a filloa quede fina.
- Cando os bordos da filloa empezan a coller cor, dar volta deixar uns segundos e pasar a filloa a un prato.
- Repetir ata terminar a mestura.
- Montaxe:
- Mesturar o queixo, as alcaparras e a pementa moída.
- Estender o queixo sobre as filloas.
- Poñer as talladas de salmón afumado por enriba do queixo.
- Enrolar as filloas.
- Cortar as esquinas e desbotalas.
- Cortar os roliños de filloas recheas en anacos de 4 cm aproximadamente.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión