Petisco de mousse de foie

Ingredientes:

Barquillos: 85 g de fariña de arroz integral, 40 g de amidón de millo, 50 g de manteiga, 150 g de auga, 1 culler de liño moído, 1 ovo, 1 culleriña de sal.
Mousse de foie: 90 g de foie mi-cuit, 200 g de nata (35%), sal, pementa negra moída.
Ademais: Un anaco de mazá, 1 culler de azucre moreno, gelée de pedro ximenez.




Elaboración:

Barquillos:
  1. Quentar a metade da auga e engadirlle a culler de liño, deixar repousar.
  2. Abrandar a manteiga quentándoa no microndas.
  3. Poñer no vaso da batedora a manteiga fundida, o sal, e o ovo, bater ata ter unha mestura homoxénea.
  4. Engadir á batedora a auga, a auga co liño e volver a bater ata que todo estea ben mesturado.
  5. Engadir á batedora a fariña de arroz e o amidón de millo, bater ata que todo estea ben mesturado.
  6. Quentar a barquilleira, cando estea ben quente engadir 1 culleriña da mestura.
  7. Pechar a barquilleira e deixar que se faga o barquillo durante uns 2 minutos.
  8. Retirar as obleas de barquillo e reservar.
Mousse de foie:
  1. Poñer a quentar a nata e o foie.
  2. Cando o foie estea desfeito engadir sal e pementa ao gusto.
  3. Triturar e coar.
  4. Gardar na neveira ata o día seguinte.
  5. Montar na batedora ata que teña textura de mousse. 
  6. Pasar a unha manga pasteleira.
  7. Cortar o anaco de maza en brunoise (dados moi pequenos).
  8. Poñer os anacos de mazá nunha tixola e engadir a culler de azucre. Quentar ata que os anacos estean caramelizados.

Montaxe:
  1. Poñer un pouco de mousse enriba de cada unha das obleas de barquillo.
  2. Colocar enriba da mousse uns anaquiños de mazá.
  3. Botar unha pinga de gelée por enriba da mazá.

Suxestión: Pode simplificarse a receita utilizando torradas de pan en vez de obleas de barquillo.
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora (para preparar 12 pezas), máis o tempo de repouso da mousse.