Ensalada de espinacas e mazá

Ingredientes ( para 3 ou 4 racións):

150 g de espinacas baby frescas, 2 mazás, 1 presa de abelás, 1 presa de framboesas, un chisco de manteiga. Sal ao gusto.

Aliño 1: 1 culleriña de mostaza, 1 culleriña de mel, 3 culleres de aceite de oliva virxe extra caste arbequina.

Aliño 2: 1 culleriña de pasta de olivas, 1 culler de vinagre de Xerez, 3 culleriñas de aceite de oliva virxe extra caste arbequina. Suxestión, con este aliño non engadir sal ou engadir menos do normal.





Elaboración:

  1. Lavar todos os ingredientes agás as abelás.
  2. Mesturar todos os ingredientes agás as mazás.
  3. Lavar as mazás e cortalas en anacos.
  4. Saltear as mazás nunha tixola cun chisco de manteiga.
  5. Botar as mazás á ensalada. E remexer.
  6. Engadir o aliño preferido na cantidade ao gusto mantendo as proporcións.

Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 15 minutos.

Comentarios