Boliñas de mazapán de cenoria

Ingredientes:

50 g de zume de cenoria, 125 g de améndoa moída, 85 g de azucre, 1 culler de viño do Porto, coco relado para rebozar.




Elaboración:

  1. Poñer o zume de cenoria e o azucre a quentar a lume suave.
  2. Cando empece a ferver engadir a améndoa moída e remexer continuamente uns 4 minutos, ata que a masa empece a despegarse das paredes do cazo.
  3. Sacar do lume e engadir a culler de Porto e remexer ata que quede ben mesturado.
  4. Deixar arrefriar.
  5. Facer, coa mans unhas boliñas de uns 2 cm de diámetro.
  6. Poñer o coco relado nunha tixola e remexer continuamente ata que empece a torrarse.
  7. Cando o coco estea frío rebozar as boliñas nel.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 45 minutos.



Comentarios

  1. Estou abraiada!! Que marabilla de receitas!! Estou a piques de me fustigar por non ter coñecido este blogue até agora. Unha verdadeira sorte podermos ter páxinas como a túa na nosa lingua. Grazas. Unha aperta. Diana.
    bolboretasnobandullo.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Abraiada quedo eu co teu comentario, é estupendo saber que á xente lle gusta o que fas. Moitísimas grazas. Eu tamén acabo de coñecer o teu blogue e volverei a visitalo que vin ideas moi interesantes. Un bico e ata pronto.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión