sábado, 29 de novembro de 2014

Turrón de trufa de augardente

Ingredientes:

150 g de chocolate para fundir do 70% sen glute,150 g de chocolate con leite para fundir sen glute, 120 g de nata líquida (35%), 50 g de azucre glass, 50 ml de augardente tostada, 40 g de manteiga de porco ibérico, 100 g de chocolate para fundir do 70%, sen glute, para a cobertura.
Ademais:  molde de silicona para turrón.




Elaboración:

  1. Poñer nun cazo a manteiga, a augardente, o azucre e a nata. Quentar ao lume suave.
  2. Cando empece a ferver retirar do lume e engadir os dous primeiros chocolates troceados.
  3. Mesturar ata que os chocolates estean completamente fundidos.
  4. Botar a mestura nun molde de turrón de silicona.
  5. Deixar repousar ata que arrefríe e despois meter na neveira ata que a trufa estea dura.
  6. Cando a trufa xa está dura sacar do molde e reservar na neveira.
  7. Fundir os 100 g de chocolate do 70%, pode facerse no microondas quentando de 15 en 15 segundos e remexendo de cada vez.
  8. Cando o chocolate estea fundido sacar a trufa da neveira colocala sobre unha grella e bañar co chocolate.
  9. Gardar na neveira ata o momento de consumir.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos máis o tempo que tarde en endurecer a trufa.