mércores, 19 de novembro de 2014

Paté de allo negro e tomates secos

Ingredientes:

4 dentes de allo negro, 50 g de tomates secos en aceite, 1 lata de anchoas, 200 g de queixo cremoso.




Elaboración:


  1. Triturar os dentes de allo xunto cos tomates e un pouquiño de aceite dos tomates.
  2. Mesturar co queixo.
  3. Cortar as anchoas en anacos moi pequenos.
  4. Mesturar moi ben co queixo.
  5. Servir acompañado de pan tostado o nachos para untar.






Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 15 minutos