Panna cotta de cardamomo e melocotón caramelizado

Ingredientes:

15 vainas de cardamomo, 100 g de azucre muscovado, 600ml de nata (35%), 4 follas de xelatina, 2 melocotóns maduros, 1 culler de manteiga, 1 culler de azucre muscovado.





Elaboración:

  1. Poñer as follas de xelatina a remollo en auga fría.
  2. Abrir as vainas de cardamomo e triturar as sementes.
  3. Poñer a nata a quentar e engadir o cardamomo e o azucre
  4. Cando a nata empece a ferver retirar do lume e engadir a xelatina ben escorregada.
  5. Remexer ata que a xelatina estea fundida e ben mesturada.
  6. Pasar a mestura aos recipientes onde vai servirse. Deixar arrefriar na neveira ata que calle (mellor dun día para outro).
  7. Pelar e cortar os melocotóns en dados pequenos.
  8. Poñer a manteiga a quentar nunha tixola.
  9. Engadir os anacos de melocotón e a culler de azucre á tixola. Remexer e cociñar a lume suave ata que o melocotón empece a caramelizarse.
  10. Retirar o melocotón do lume e deixar arrefriar.
  11. Cando a panna cotta estea callada botar enriba anacos do melocotón caramelizado.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos máis o tempo necesario para que calle a panna cotta.

Comentarios

  1. Sin palabras... adorable combinación!!!Perfecto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias Sonsoles, creo que soy un poco adicta al cardamomo, me encanta¡¡

      Eliminar
  2. Hola Raquel!! Acabo de conocer tu blog y debo decirte que me han gustado no solo las recetas tan deliciosas que elaboras, sino la presentación de las mismas. Esta panna-cotta pinta sinceramente exquisita y con un sabor intenso a cardamomo impresionante.
    Me quedo por aquí para seguir disfrutando de recetas tan apetecibles.
    Un abrazo!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Jose Manuel, muchísimas gracias por tus comentarios, estoy encantada de que te guste el blog. Espero que vuelvas pronto. Un abrazo¡¡

      Eliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión