Pan de molde sen glute

Ingredientes:

Mestura de fariña: 170 g de fariña de trigo sarraceno, 170 g de fariña de arroz branco, 170 g de fariña de arroz glutinoso, 141 g de amidón de tapioca, 11 g de xantana.

Pan: 430 g de mestura de fariñas, 9 g de lévedo seco, 270 g de auga, 7 g de vinagre, 40 g de aceite de oliva virxe extra, 5 g de xantana, 20 g de lévedo químico, 2 ovos, 1 culleriña de azucre.




Elaboración:

Mestura de fariñas:
  1. Mesturar moi ben todos os ingredientes.
Pan: 
  1. Quentar un pouco a auga,  a temperatura deber estar por debaixo dos 36ºC.
  2. Engadir o azucre e o lévedo seco, mesturar. Deixar repousar ata que apareza escuma na superficie.
  3. Poñer na batedora o aceite, o vinagre e os ovos, bater durante uns segundos.
  4. Engadir o lévedo, se xa ten escuma, bater uns segundos.
  5. Engadir o resto de ingredientes e bater durante uns 3 minutos.
  6. Queda unha masa pegañenta e húmida.
  7. Pasar a masa a un molde  duns 15x10 cm, sobrará algo de masa, así que pode utilizarse un molde un pouco máis grande.
  8. Deixar repousar nun lugar cálido, ata que aumente o volume da masa, uns 30 minutos.
  9. Acender o forno a 190º C y poñer dentro unha bandexa con auga.
  10. Meter o molde no forno durante uns 30 minutos. Comprobar que o pan estea feito, medindo a súa temperatura interior que debe ser duns 90ºC.
  11. Sacar do forno, retirar do molde e deixar arrefriar sobre unha grella.


Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.